.
Do 29 de abril ao 2 de Maio de 2023
Mateo Bruquetas Fonticoba naceu en Ferrol e os seus primeiros contactos musicais foron coas gaitas e o baile galego aos seis anos na Asociación Folclórica e Cultural Donas e Galáns. Comezou a estudar autodidacta en guitarra e decidiu completar a súa formación na escola Vaca de Ferrol onde estudou harmonía, análise, lectura, improvisación, composición, guitarra eléctrica e acústica e piano complementario.
Estudou Jazz no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra recibindo clases de Paco Charlin e Abe Rábade e asistiu a numerosas clases maxistrais do estilo impartidas por John Stowell, Chris Cheek, Ariel Brínguez ou Christos Rafalides entre outros. Por outra banda, o grao 8 na guitarra eléctrica Rockschool.
Actualmente está a rematar os seus estudos no Conservatorio de Música da Coruña na especialidade de actuación no itinerario de guitarra de jazz.
Durante o último ano e colaborando actualmente coa artista galega Sabela como estudio e músico en directo, gravou as guitarras e arranxou o seu primeiro EP titulado Despedida.
https://www.instagram.com/mateobruquetas/?hl=es
A Asociación de Música Clásica de Galicia (AMCG) organiza o Concurso Internacional de Piano “Cidade de Vigo”.
Lugares de celebración:
Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra
+34 651 109 095
info@vigopianocompetition.com