.
Juanjo Rodríguez Castro Nacido en Verin. Licenciado en Administración e dirección de Empresas pola Universidade de Vigo.
En 2015 é un dos responsables de iniciar o proxecto da Asociación de Música Clásica de Galicia, sendo un dos membros fundadores e parte do equipo directivo desde o nacemento da asociación. Foi o encargado de coordinar a organización do acto e concerto inaugural da asociación, na que Pablo Galdo e Stephen Kovacevich deron un concerto único en Galicia. Actualmente ten a responsabilidade de asesorar sobre a organización dos eventos e dirixir o marketing dixital e as redes sociais da Asociación.
Juanjo ademais do seu traballo na Asociación tamén está vinculado ao mundo dos deportes, series de televisión e publicidade. Recientemente colaborou nas novas campañas de Publicidade de Gadis e da RC Celta de Vigo.
A Asociación de Música Clásica de Galicia (AMCG) organiza o Concurso Internacional de Piano “Cidade de Vigo”.
Lugares de celebración:
Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra
+34 651 109 095
info@vigopianocompetition.com