.
Do 29 de abril ao 2 de Maio de 2023
Betty Cortiñas Lorenzo (Mos) comezou a tocar o piano aos nove anos e desde 2011 ata 2016 estudou no Conservatorio Profesional de Vigo. Durante eses anos, Betty participou como solista coa Orquestra Senior do Conservatorio e interesouse pola composición. Unha das obras compostas nesa época foi premiada permitíndolle ser expedicionaria da Ruta Quetzal 2016.
Na actualidade estuda o segundo ano de piano no Conservatorio Superior de Vigo con Pablo Galdo e cursa tamén o terceiro ano de Enxeñaría de Telecomunicacións na Universidade de Vigo. Entusiasta da tecnoloxía e da música, Betty recibiu clases de maestros como Pablo Galdo, Andras Kemenes, Laura Cattaneo, Iván Cítera e Veronika Vitaite. Participou en cursos de improvisación con Douglas Finch e tamén no Forum Musikae (Madrid, xullo de 2017).
A Asociación de Música Clásica de Galicia (AMCG) organiza o Concurso Internacional de Piano “Cidade de Vigo”.
Lugares de celebración:
Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra
+34 651 109 095
info@vigopianocompetition.com