“Pablo Galdo é un músico excelente e un pianista brillante, con quen compartín escenario. Ademais dos seus dotes pianísticas, destaco a súa gran intuición musical ” (Martha Argerich, 2020)
“é un pianista excepcional de gran técnica, coa musicalidad dun verdadeiro artista, que ten, adicionalmente, a capacidade de comunicar coa audiencia con gran facilidade, o que fai del un pianista completo ” (Tamás Vásáry, 2018)
“Tiven a sorte de escoitar ao mestre Pablo Galdo en concerto. Non soamente impresionáronme as súas habilidades musicais e pianísticas, senón que foi un gran pracer para min tocar a 4 mans con el. É un músico de primeira clase” (Cyprien katsaris, 2020)
Nace en Ferrol (A Coruña). Realiza os seus estudos no “Conservatorio Superior de Vigo”, onde obtén Matrícula de Honra e "Premio extraordinario”, na “Universidade de Alcalá de Henares” “Instituto “ Zoltán Kodály de Kecskemét”, “Academia F. Liszt de Budapest” “Universidade Mozarteum de Salzburgo”, onde obtén o seu Diploma de Posgrao, e no “Conservatorio Tchaikovsky de Moscova”. Os seus mestres incluíron Nicasio Gradaille, Ferenc Rados, Rita Wagner, András Kemenes, Imre Rohmann e Elisso Wirssaladze.
Tamén recibiu clases e consellos de mestres como Alicia de Larrocha, Zoltán Kocsis, Tamás Vasáry, Dimitri Bashkirov, Várjon Denes, Heinz Kämmerling, Marta Gulyás, Haewon Song, ou Almudena Cano, entre outros.
Foi bolseiro polo Ministerio húngaro, o Ministerio de Asuntos Exteriores, a Axencia española de cooperación internacional, a Fundación CaixaGalicia, e a Asociación AIE.
Ofreceu concertos en máis 40 países: Francia, Portugal, España, Reino Unido, Costa Rica, Islandia, Australia, China, Corea do Sur, Acerbaixán, Ucraína, Grecia, Xeorxia, Rusia, Eslovenia, Croacia, Finlandia, Letonia, Estonia, Austria, Alemaña, Suíza, Hungría, Polonia, Sultanato de Omán, Kuwait, Líbano, Palestina, Israel, Chipre, República de Irán, Xordania, Acerbaixán, Casaquistán, Italia, Lituania, Turquía, Arxentina, Chile, Uruguai e Estados Unidos. Actuou con orquestras en Hungría, Alemaña, Austria e España e foi finalista e premiado en diversos concursos de piano.
Representa a España no exterior en diversas ocasións, entre as que destacan as celebracións da inauguración da “Aula Cervantes de Reikiavik”, actuando para a presidenta de Islandia, para celebrar a “Semana da lingua Española” en Eslovenia, para celebrar a festa nacional de España en Hungría, para celebrar o 20 aniversario do inicio das relacións diplomáticas entre España e Casaquistán, e para celebrar o 40 aniversario do reinicio de relacións Diplomáticas entre España e Rusia.
Actuou a 4 mans e 2 pianos con pianistas como Martha Argerich, Zoltán Kocsis, Stephen Kovacevich, Lilya Zilberstein, Cyprien Katsaris, Tamás Vásáry, Jorge Luís Prats, Imre Rohmann, Sergio Tempo, András kemenes, co cellista Asier Polo ou a violista Rocío Gómez, ou o barítono Luís Alberto Llaneza, entre outros.
É seleccionado en ciclos de novos intérpretes e participa en diversos ciclos e festivais como ¨Mocidades musicais” “Asociación Teresa Berganza” (99), “Novos talentos de Budapest no castelo de Buda" “Fundación Pedro Barrié de la Maza”, “Fundación Juan March”, Semana Internacional da Música de Izmir, Festival Internacional de Járkov, Festival internacional de Costa Rica, entre outros.
Gravou un DVD para a produtora IRIS con obras de Albéniz, Liszt e Rachmaninoff e, para a produtora MANS, un CD con obras de Bach, Chopin e Liszt, e outro con obras de Albéniz. Grava tamén para Televisión Española, Televisión de Galicia e a Radio Húngara. O compositor español Saúl Chapela dedicoulle a súa obra para piano “22 variacións sobre dúas células”.
Ofreceu clases maxistrais no Conservatorio “ Tchaikovsky de Moscova” , a “Universidade Frederick Chopin” de Varsovia, no “Conservatorio estatal de Tbilisi”, a “Academia das artes de Islandia”, no “Conservatorio Estatal de Istambul”, a “Academia de música e teatro de Vilnius” , na “Academia nacional de Música de Estonia”, na Universidade ESMAE do Porto, na “Academia Nacional de Baku”, “Conservatorio de Sidney”, na “Fundación Baremboim-Said” de Palestina, na “Escola Buchmann- Mehta” de Israel, na “Universidade nacional de Casaquistán”, “Universidade Nacional das artes de Járkov”, no “Conservatorio Nacional de Xordania”, o “Conservatorio Nacional de Líbano”, na “Escola Superior de Neuquén” (Arxentina), no “Conservatorio de Verona”, na “Universidade de Járkov”, na “Universidade de Macedonia en Tesalónica”, “Universidade Nacional de Costa Rica”, na “Universidade de Yasar” en Izmir, na Universidade de Música de Vest en Timisoara”, e en diversas cidades de España. É profesor regular convidado da Academia Internacional de Música “Forum Musikae” , o Festival Internacional de piano de Costa Rica, Talent Music Summer Courses en Brescia, Malta Music Academy, ou Altalena Music Festival en Hungría, entre outros. É convidado tamén habitual para formar parte do xurado de concursos internacionais de piano (Costa Rica, España, Alemaña, Estados Unidos, China, Noruega e Lituania). Entre os seus alumnos hai varios gañadores de concursos nacionais e internacionais de piano.
É director artístico da Asociación de música clásica de Galicia e fundador e director artístico tamén do Concurso internacional de piano “Ciudad de Vigo”. Tamén é o fundador de “En liña Piano Masterclass”, unha plataforma que ofrece a oportunidade a alumnos de todas partes do mundo para tomar clases en liña con algúns dos mellores mestres de piano do mundo. Racientemente foi nomeado director artístico do Concurso Internacional de Ferrol.
Foille concedido o “Premio Gregorio Baudot da Música”, a Insignia de Ouro da súa cidade natal, “Gallego do ano 2020”, e foille concedida a medalla de prata nos Global Music Awards no ano 2017 e 2018, en 2 categorías diferentes (Mellor instrumentista e pianista clásico).
Actualmente compaxina a súa actividade concertística co seu posto de profesor no “Conservatorio Superior de Música de Coruña”, no “Centro Superior Katarina Gurska”, e na “Universidade Alfonso X o Sabio” de Madrid.