VII CONCURSO INTERNACIONAL DE PIANO "CIDADE DE VIGO - GALICIA"

(Edición Vladimir Horowitz)

Do 29 de abril ao 2 de Maio de 2023

Venda de entradas aquí

  • CONCURSO INTERNACIONAL DE PIANO
    "CIDADE DE VIGO"

Adrienne Hauser, xurado de preselección

Como solista, Adrienne Hauser foi eloxiada pola prensa internacional polo "total dominio sobre o seu material" (Indian Express, Madras), a súa "fascinante interpretación de Tchaikovski" (Új Magyarország, Budapest), tamén pola "perfecta harmonía dos dedos...” así coma polo “seu ton afirmado pola personalidade singular ”(Tribune de Geneve). Ademais é a fundadora e directora artística do festival internacional de piano “Piano Feast in the East” de Tiszadob, no leste de Hungría, onde obtén un gran recoñecemento grazas ás emisións de radio internacionais dos seus concertos, dos que se fan eco en todos os círculos musicais.

O seu talento manifestouse moi cedo e xa aos sete anos foi admitida na "clase de nenos de altas capacidades" - especialmente organizada pola Ferenc Liszt Music Academy. Obtivo o seu diploma con Zoltán Kocsis, Ferenc Rados, György Kurtág e tamén participou nos cursos máster de Yvonne Lefébure en París e seguiu tamén os consellos de György Sebők. En 1985 obtivo o terceiro premio no Concurso de Piano da Radio Húngara e no mesmo ano a Televisión polaca realizou un documental sobre ela.

Dende aquela os seus compromisos nacionais e internacionais completáronse con máis de 40 gravacións realizadas pola Radio Húngara. Apareceu no Festival Chopin de Polonia, tocando no Festival de Primavera de Budapest, Interforum, Festival Internacional Bartók, Festival Fazioli, e Bellerive, entre outros.

É frecuentemente invitada polas principais orquestras húngaras baixo a batuta de destacados directores coma Tamás Vásáry, Zoltán Kocsis, Péter Eötvös, etc., e tamén toca música de cámara con compañeiros coma Miklós Perényi, Zoltán Kocsis, Cyprien Katsaris ... A primeira gravación é Miraculous Mandarina de Bartók a catro mans con Zoltán Kocsis (Quint – Harmonia Mundi).

En 2011 deu clases maxistrais e recitais en Seúl. En 2012 gañou o premio Prima en Hungría. En 2016 participou nunha xira en Canadá onde fixo un recital xunto cunha masterclass que tivo gran éxito. En palabras do crítico musical Jacques Leclerc: "Demostrou o seu talento e o asombroso virtuosismo no Andante spianato e Grande polonaise brillante de Chopin".

En 2017 actuou en recitais en Vietnam e Malaisia.

 

Concurso Internacional de Piano “Cidade de Vigo”

A Asociación de Música Clásica de Galicia (AMCG) organiza o Concurso Internacional de Piano “Cidade de Vigo”.

Lugares de celebración:

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

+34 651 109 095
info@vigopianocompetition.com